A Sala Karma acollerá o sábado 11 de febreiro ao grupo de rock alternativo pontevedrés Onion Smile no seu primeiro concerto no clube nocturno. A banda nace en novembro de 2013 a mans de Roberto Benavides e Goyo Velasco e empeza a facerse oír coa súa primeira demo All I want is you, onde xa marcan o estilo enerxético que lles acompañaría ata a actualidade.
O vindeiro sábado 11 de febreiro por fin poderemos gozar da presentación do seu novo EP na Sala Karma e descubrir todas as súas facetas, tantas como capas ten a cebola que lle dá nome. A actuación comezará a partir das 22:00 horas e as entradas a 4 euros poderán adquirirse por anticipado no Pequeño Karma e www.onionsmile.com e en despacho de billetes por 6 euros.
Como referencia, a banda conta con recoñecemento practicamente dende os seus inicios, sendo seleccionada para varios festivais - tanto pola súa música como polos seus videoclips- no Monthly Filme Festival (Reino Unido) ou no Derrame Rock (Xixón), onde gañaron o concurso "20 anos de Rockandroll", e tocarían artistas tan emblemáticos como Los Suaves.
Con cancións en inglés e un estilo que lembra á crueza do rock alternativo dos anos 90, fóronse abrindo oco no panorama musical español presentando dous demos con nove cancións en total, Know your Onions e Songs in the Storm, sendo este último o que presentarán na cidade que lles viu nacer e onde tocarán cos seus novos intengrantes, Jaime López e Cristian Durán, que se incorporaron o pasado 2016.