Orbil divírtese na Escola Infantil Bicos

Pontevedra
05 de febreiro 2020

Orbil, a mascota de O Salón Infantil do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra visitou a Escola Infantil Bicos como parte do roteiro interescolar que realiza para fomentar a lectura entre os máis pequenos. Orbil, o simpático lobo, xogou, bailou e divirtiuse cos nenos do centro.

Orbil baila cos nenos / Boris Rodríguez Pintos

Este mércores, 5 de Febreiro, a escola infantil Bicos recibiu a visita de Orbil, a mascota do Salón Infantil do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

O lobo chegou xusto cando os pequenos acabaron de facer un simulacro de incendio. Unha vez que todos volveron ao centro Orbil visitounos nas súas aulas. Os nenos acariñaron e abrazaron á mascota, bailaron con ela e regaláronlle debuxos que fixeran esa mañá.

Desde o centro temían que algúns nenos vísense asustados ante a presenza dun lobo que non coñecían, pero o sempre amable e atento Orbil soubo gañarse facilmente a atención e o afecto dos pequenos desde o primeiro momento.

Desde o Salón, comenta Kai, acompañante de Orbil, levan facendo este roteiro desde hai anos, coa que pretende lembrar e motivar aos menores para ler. Kai descríbenos a Orbil como un lobo cariñoso, culto e que le, e sempre que aparece é unha sorpresa agradable para os nenos.
Os dous compañeiros fan un roteiro que dura dúas semanas e polo momento visitaron oito do aproximadamente trinta centros que teñen previsto visitar.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora