Os Coribantes presentan o seu novo traballo este venres en Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
25 de maio 2022

O seu terceiro disco ‘A Ponte da Música’ darase a coñecer ás 21.30 horas na Praza de España

Coribantes presentan o seu terceiro disco en Ponte Caldelas
Coribantes presentan o seu terceiro disco en Ponte Caldelas / Concello de Ponte Caldelas

A Praza de España de Ponte Caldelas acolle este venres, ás 21.30 horas, o concerto de presentación do terceiro disco dos Coribantes.

Baixo o título ‘A Ponte da Música’, o grupo de música máis internacional de Ponte Caldelas fai un recopilatorio de temas propios e música tradicional no que hai varias pezas nas que Ponte Caldelas é protagonista.

O acto contará coa participación de diversos persoeiros do mundo da cultura e da música galega: Sheyla Patricia, David Cabaleiro (A Roda); As Maianas, Samuel Soto (Son de Seu); o rapeiro Alberto Freaza; o gaiteiro e solista Isidro Vidal; o cantante Cristian Amoedo e o cantautor Bernardo Xosé, entre outros.

Ademais tamén contará con danzas nacionais e internacionais, como bailes irlandeses, andaluces, árabes, bailes de salón ou patinaxe artístico.