Durante este sábado 31 de agosto van celebrar o 100 aniversario da primeira homenaxe ao gaiteiro, musicólogo e farmacéutico Perfecto Feijoo. O acto terá lugar na praza da Ferraría e correrá a cargo dos Coros Galegos de Compostela, Ourense, Coruña e Ferrol.
A partir das 13:00, Cantigas e Agarimos de Compostela, Coral de ruada de Ourense, Cantigas da Terra da Coruña, Real Coro Toxos e Frores de Ferrol, conmemorarán o centenario da primeira homenaxe feita ao gaiteiro en 1919 en Pontevedra.
Con esta celebración, o Consello da Cultura Galega en colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello de Pontevedra, pretenden lembrar o traballo feito polo que foi fundador do desaparecido coro Aires da Terra de Pontevedra.