Os estadounidenses The Posies pechan o ano de 'As Matinés do Principal'

Pontevedra
06 de outubro 2018

A experimentada banda de Seattle, unha das máis populares formacións de power pop nos anos noventa, completou o cartel deste ano neste ciclo musical tras os concertos de Guadi Galego e La Habitación Roja

Concerto de The Posies no Teatro Principal PontevedraViva

"Buenos días, tardes ya para nosotros". Así, nun perfecto castelán, iniciou a banda estadounidense The Posies o seu concerto este sábado en Pontevedra.

O grupo de Seattle liderado por Ken Stringfellow e Jon Auer foi o protagonista do terceiro e último concerto do ano dentro do ciclo 'As Matinés do Principal', tras as actuacións de Guadi Galego e La Habitación Roja.

The Posies repasou no Teatro Principal a súa longa carreira musical, que lle converteu nunha das bandas máis populares de power pop na década dos 90. 

Fíxoo ademais nun ano no que reeditou dous dos seus albumes máis icónicos, Frosting On The Beater (1993) e Amazing Disgrace (1996) .

Esa lonxevidade na súa carreira fíxose notar entre o público, con varias xeracións de seguidores presentes que non quixeron perderse a cita.