Os Folieiros despedirán este domingo o XXIV Memorial Ricardo Portela

Pontevedra
16 de xullo 2023

Durante o sábado celebrouse na praza da Peregrina a homenaxe ao gaiteiro que dá nome a este evento e a Concha de Luneda, difusora da cultura tradicional. Xistra de Coruxo ofreceu un concerto seguido por numeroso público. Este domingo finalizarán as actividades co concerto de Os Folieiros a partir das 21.00 horas na praza da Ferrería

Acto do homenaxe a Concha de Luneda
Acto do homenaxe a Concha de Luneda

O XXIV Memorial Ricardo Portela continúa este domingo despois de que na tarde do sábado se celebrara unha emotiva homenaxe ao gaiteiro que dá nome a este evento e tamén a Concha de Luneda, unha pandereteira xa falecida e gran difusora da música tradicional galega. 

O acto completouse co concerto de Xistra de Coruxo, na praza da Ferrería, congregando a numeroso público.

Este domingo finaliza o Memorial con pasacalles desde as 11.30 ata as 18.00 horas a cargo de Aires do Coutado, Boudebou, Os outros Feirantes e Seimeira.

A xornada finaliza co concerto na Praza da Ferrería dos Folieiros. Será a partir das 21.00 horas.

Durante toda a xornada, as persoas interesadas terán a oportunidade de visitar a XXI Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais, que permanece no Paseo de Antonio Odriozola.

  • Momento da actuación de Xistra de Coruxo: