Os irlandeses Delorentos actuarán no Surfing The Lérez

Pontevedra
15 de agosto 2015

O grupo irlandés incluíu a Pontevedra dentro da xira que realizarán por España en setembro e outubro. Únense ao cartel xa coñecido para o día 26 de setembro despois da cancelación do festival o pasado 13 de xuño por mal tempo

Imaxe promocional do grupo Delorentos
Imaxe promocional do grupo Delorentos

Un novo grupo pasa a engrosar a lista de confirmacións para o festival Surfing The Lérez, que se celebrará na Illa das Esculturas de Pontevedra o próximo 26 de setembro, despois de que o mal tempo obrigase á súa cancelación o 13 de xuño.

Os irlandeses Delorentos incluíron o festival pontevedrés na xira que realizarán por España durante os meses de setembro e outubro e que tamén lles levará a Lanzarote, Burgos, Hospitalet de L'infant, Barcelona, San Sebastián, Madrid, Sevilla, Granada e El Puerto de Santa María.

A de Pontevedra será a segunda das súas actuacións, na que presentarán o seu último disco 'Night Becomes Light'.

O cambio de data do festival fixo imposible conservar a totalidade do cartel, que a día de hoxe tamén ten confirmados a Ángel Stanich, Pasajero, Los Motores Rock de Vigo, Julián Maeso Grupo, Gold & Colt, A Banda do Terror e os DJs Sr. Fiuza e Charli_é DJ?

O Surfing The Lérez contará ademais co seu particular ambiente familiar e unha serie de actividades paralelas que estarán relacionadas coa gastronomía.