Os 'Mundos Inmóviles Derrumbándose' de Nacho Vegas conquistan o Pazo da Cultura

Pontevedra
28 de xaneiro 2023

O auditorio pontevedrés acolleu este venres o seu primeiro gran concerto do ano dentro do Ciclo Voices, que trouxo á cidade ao cantautor asturiano Nacho Vegas, todo un veterano da escena musical española con máis de dúas décadas de traxectoria ás súas costas

Concerto de Nacho Vegas no Ciclo Voices
Concerto de Nacho Vegas no Ciclo Voices

O Pazo da Cultura de Pontevedra viviu este venres o seu primeiro gran concerto do ano, co espectáculo ofrecido por Nacho Vegas dentro do Ciclo Voices.

O público que rozaba o cheo no auditorio pontevedrés puido gozar do cantautor asturiano, con máis de dúas décadas de traxectoria que lle levaron a ser toda unha referencia no panorama nacional.

Nacho Vegas presentaba en Pontevedra o seu último traballo, titulado 'Mundos inmóviles derrumbándose', un disco que segundo a promoción do propio concerto, xorde non como un álbum de madurez, senón como un álbum de plenitude porque conta con todos os elemtos que fixeron importante o músico, como son "a pluma afiada, a introspección, a aguerrida crítica social, o íntimo e confesional, e esas melodías que se instalan no oínte desde a primeira escoita".

Cunha nova banda ao seu lado, o cantautor conectou co público desde a súa música sincera e apoiada na realidade social ao longo de 17 temas, comezando con 'Belart' e finalizando coa canción 'Michi Panero', todo desde un estilo moi persoal que chegou ao longo de todos estes anos a varias xeracións.

O Ciclo Voices ten pendente aínda para este ano 2023 o concerto do músico italiano Mahmood, aprazado o pasado ano a pedimento do artista e posposto a unha data aínda por confirmar.