Os narradores e poetas de Marín terán o seu recoñecemento o Día das Letras Galegas

Marín
16 de maio 2020

Ante a imposibilidade de facer unha convocatoria física, o Concello promove varias iniciativas telemáticas para a celebración deste 17 de maio

A entrega de premios da XVI edición do Premio de Narración Curta que organiza o Concello de Marín segue posposta ata que as circunstancias ás que obriga a pandemia, permítano. Mentres tanto, a celebración do Día das Letras trasládase ao ámbito telemático e a Concellería de Cultura vai substituír a entrega de premios por unha homenaxe a todas as persoas que foron recoñecidas con este Premio.

Así, fíxose unha recompilación con extractos de textos, en prosa e verso, de todas as persoas que ao longo das vinte e cinco edicións anteriores foron premiados. Poderase ver e descargar o vindeiro domingo nas redes sociais e a web do Concello de Marín.

Tamén se difundirán dous vídeos que estiveron preparando profesores e alumnos do Coro e a Escola Municipal de Música coas composicións de 'A Rianxeira' e 'A saia da Carolina'.

E para completar as propostas con motivo do Día das Letra Galegas a Biblioteca Municipal Vidal Pazos, que está a facer recomendacións de libros, tamén a través de redes sociais, co hagstag #QueLeMarín?, propoñerá títulos en galego.

Neste contexto, os préstamos físicos están suspendidos, pero pódense realizar dixitalmente no catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.