"Os seres queridos" de Berta Dávila emocionan os lectores de Pontevedra

Pontevedra
08 de abril 2022

Editado por Xerais, o libro presentouse este xoves na Libraría Cronopios, onde a autora mantivo un encontro cos seus lectores. Na súa charla, Dávila reflexionou sobre o incómodo retrato que debulla na súa novela sobre o que significa o amor maternal

Berta Dávila presenta "Os seres queridos" en Pontevedra
Berta Dávila presenta "Os seres queridos" en Pontevedra / Mónica Patxot

Cinco anos despois de ser nai, unha muller atópase de súpeto no dilema de decidir se quere volver a selo. Ese é o punto de partida de Os seres queridos, a nova novela da escritora galega Berta Dávila.

Editado por Xerais, o libro presentouse este xoves na Libraría Cronopios, onde a autora mantivo un encontro cos seus lectores.

Na súa charla, Dávila reflexionou sobre o incómodo retrato que debulla na súa novela sobre o que significa o amor maternal, a familia e a amizade ou o loito e os seus pormenores.

Os seres queridos foi a obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2021 e, ademais de estar escrita orixinalmente en galego, acaba de ser publicada e traducida ao castelán.