Óscar Ibáñez cumpre o 20 aniversario de traxectoria artística coa banda Tribo

Pontevedra
20 de xuño 2024

Para celebralo presenta o seu novo espectáculo Tribal XX, no que combina novas creacións con algúns dos temas máis destacados dos seus traballos discográficos nunha viaxe sonora chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade, no que predomina a sonoridade celta

Concerto de Óscar Ibáñez e Tribo
Concerto de Óscar Ibáñez e Tribo /

Este ano cúmprese o 20 aniversario de traxectoria artística do gaiteiro e flautista Óscar Ibáñez coa súa banda de directo Tribo.

Para celebralo presenta o seu novo espectáculo Tribal XX, no que combina novas creacións con algúns dos temas máis destacados dos seus traballos discográficos nunha viaxe sonora chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade, no que predomina a sonoridade celta.

O vindeiro sábado 22 de xuño inaugura esta xira homónima, Tribal XX, tan especial, cun concerto en Artajona (Navarra) enmarcado en Kultur, a programación cultural máis importante do Gobierno de Navarra. 

Durante a época estival percorrerá importantes festivais como XXXI Mostra de Folclore (Zamora); Galicia Pobo a Pobo (Sestao); XIV Festival Castro Galaico (Nogueiró, Portugal); Día de Galicia (Lisboa); Festival Folk Rock As Portelas (Lubián, Zamora); Festival Ritmos da Costa (Alacante); Pilar Folk (Zaragoza), entre outros. En Galicia actuará en Cambados, Narón, Poio, Carballiño, Cortegada, Viana do Bolo e noutros municipios pendentes de desvelar. 

A xira está aberta polo iranse incorporando novos concertos que serán anunciados desde as súas redes sociais.

Nesta xira de Óscar Ibáñez & Tribo estará formada por músicos de longa e recoñecida traxectoria, que formaron parte das bandas dalgúns dos artistas e grupos máis destacados da música folk, como: Suso Iglesias (Xabier Díaz, Nova Galega de Danza), acordeón; Paula Gómez (Triguiñuelas), violín; Xosé Liz (Riobó, Anxo Lorenzo), bouzouki; Paco Dicenta (Mercedes Peón), baixo; e Leandro Deltell (Budiño), batería e percusión; Teresa Gómez (Son de Seu), zanfona; Carla Villanueva, xilófono; e 6 gaiteiros da Banda de Gaitas Suevia de Porto do Son.

Con esta formación realizou máis de 250 concertos por toda a Península Ibérica, Alemaña, Bretaña e Italia participando nalgúns dos festivais folk internacionais máis importantes.