Óscar Ibáñez dará nas Ermitas o seu único concerto en Pontevedra este verán

A Lama
04 de agosto 2022

A actuación, prevista para as 22.00 horas, forma parte da programación. Os espectadores das Ermitas poderán ver o seu espectáculo 'Da Terra', no que repasa os temas máis destacados dos seus traballos discográficos Alén do mar e Aires de Pontevedra. Tamén presentará algúns temas do seu novo traballo, que gravará o próximo inverno

Concerto de Óscar Ibáñez e Tribo na praza de España
Concerto de Óscar Ibáñez e Tribo na praza de España / Cristina Saiz

O gaiteiro pontevedrés Óscar Ibáñez dará este xoves 4 de agosto un concerto na Festa das Ermitas, na Lama. A actuación, prevista para as 22.00 horas, forma parte da programación do Xacobeo 2021/2022 e será a única do artista na provincia de Pontevedra este verán.

Os espectadores das Ermitas poderán ver o seu espectáculo 'Da Terra', no que repasa os temas máis destacados dos seus traballos discográficos Alén do mar e Aires de Pontevedra. Tamén presentará algúns temas do seu novo traballo, que gravará o próximo inverno, nunha enérxica viaxe sonora a través música tradicional galega chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade nunha mestizaxe musical innovadora na que predomina a sonoridade celta.

No concerto da Lama estará acompañado pola súa Tribo, formada por músicos de longa e recoñecida traxectoria que formaron parte das bandas dos artistas e grupos máis destacados da música folk galega, como Fernando Fraga (Carlos Núñez), acordeón; Harry.c (Milladoiro), violín; Manuel Cebrián (Mercedes Peón), guitarra; Paco Dicenta (Mercedes Peón), baixo; Carlos Castro (Budiño), batería e percusión; e Carla Villanueva (Oscar Ibáñez & Tribo), xilófono; e cinco gaiteiros da  Banda de Gaitas Suevia de Porto do Son, dirixidos por Xosé Romero Miguéns, da saga familiar do grupo Os Rosales de Asados, Rianxo.

Entre agosto e setembro, tamén dentro da programación do Xacobeo, actuará no resto de Galicia, con concertos previstos en Monterrei e Cortegada, en Ourense; en Xove, en Lugo;e en Padrón, na provincia da Coruña Coruña.

O gaiteiro pontevedrés tamén actuará este verán na Xuntanza Internacional de Gaiteiros no Castelo de Monterrei e no festival Almuenza Folk en Hornillos de Cerrato, en Palencia, que celebra o seu 25 aniversario. Ademais, xa participou no Festival Folk Celta de Ponte da Barça, en Portugal.