Panorama Kids, un musical para toda a familia, chega esta semana a Pontevedra

Pontevedra
09 de novembro 2015

O Auditorio Sede Afundación de Pontevedra (Augusto González Besada, 2) acolle o vindeiro sábado 14 de novembro, en dúas funcións, ás 18.00 e ás 20.30 horas, o espectáculo musical Panorama Kids desenvolvido e interpretado polos compoñentes da coñecida Orquestra Panorama

Panorama Kids
Panorama Kids / Mónica Patxot

O Auditorio Sede Afundación de Pontevedra (Augusto González Besada, 2) acolle o vindeiro sábado 14 de novembro, en dúas funcións, ás 18.00 e ás 20.30 horas, o espectáculo musical Panorama Kids desenvolvido e interpretado polos compoñentes da coñecida Orquestra Panorama.

Dirixido a toda a familia, Panorama Kids combina música, teatro, humor, e unha coidada posta en escena para que pequenos e maiores o pasen en grande.

Ademais, nesta ocasión, a agrupación contará coa colaboración da actriz galega Genma Pardo, que guiará ao público polas reviravoltas do espectáculo.

As entradas poden adquirirse a través das canles habituais de venda de Afundación, en Ataquilla.com e no teléfono 902 504 500.

PANORAMA KIDS

O musical nace con vocación de achegarse ao público infantil e xuvenil sen perder a propia esencia de Orquestra Panorama. O espectáculo, que comezou a súa xira en novembro do ano pasado, percorreu numerosos escenarios do territorio español e galego, e concluirá o próximo 21 de decembro cunha actuación no teatro Colón da Coruña.