A orquestra Panorama presentará o próximo martes 12 de agosto en primicia o videoclip da canción 'Mete pal cuerpo' seleccionada pola compañía discográfica Branco y Negro para o disco máis popular de cada verán, Caribe Mix 2014.
Será na Praza do Mar de Sanxenxo nun concerto gratuíto e apto para todos os públicos que comezará ás 23.00 horas e durante o que o grupo interpretará o seu repertorio habitual ao longo de catro horas cun elenco de artistas de todos os estilos.
A estrea do videoclip contará coa participación como artista invitado DKB, coñecido polos seus éxitos A lo loco, Ella lo quiere e Fruto prohibido. O videoclip gravouse no Grove o pasado mes de maio, incluíndo exteriores e interiores do Pub Platería 48 e a Rúa Pratería e unha rodaxe nun veleiro en augas da Ría.
A orquestra Panorama convértese no primeiro grupo galego que participa no disco Caribe Mix.