O Pazo da Cultura reúne as creacións de 25 novos titulados en Belas Artes

Pontevedra
13 de decembro 2025
Actualizado: 7:01

A exposición pode visitarse ata o 11 de xaneiro e leva por nome 'Do final e do comezo' amosando o resultado do seu proceso de "construción" como artistas ao longo da súa etapa na facultade

Nova edición do proxecto 'Do final e do comezo'
Nova edición do proxecto 'Do final e do comezo' / Concello de Pontevedra

Unha nova edición do proxecto 'Do final e do comezo' abriu as súas portas este venres no Pazo da Cultura con traballos de 25 alumnos da Facultade de Belas de Pontevedra.

Son 21 mulleres e 4 homes os que enchen a Sala de Exposicións coas súas propostas.

Son Alba Pino Gregores, Aldara Rodríguez Pena, Ana Allegue, Andrea Pin, Ángela Estévez, Cristina Insua López, Fabiola Quintela, Francisco Miranda Iglesias, Héctor Pousa, Iñigo Barreiro, Isis Huerga, Jimena Rodríguez, Julia Busto, Lucía Ladero Gómez, Lucía Leirós, Lucía Villar, María Rodríguez, Nerea Malvar, Noela Pazos, Paula Díaz, Sara García Insua, Sara González González, Saray Martín, Silvia Varela Roca e Sofía Veiga.

A mostra, comisariada por Vacío Cero, contará con visitas guiadas para todos os públicos os días 21 e 28 de decembro e 4 de xaneiro ás 12.30 horas con inscrición previa e de balde no web apuntate.pontevedra.gal

Para aquelas persoas que realizar a visita pola súa conta, o horario de apertura da sala é de martes a venres de 18 a 21 horas. Sábados de 12 a 14h e de 18 a 21h. Domingos e festivos de 12 a 14h. Os luns, permanecerá pechada ao público.

A clausura, en forma de coloquio, terá lugar o 11 de xaneiro ás 12:30h na sala de exposicións do Pazo da Cultura.

Por outra banda, tamén terán lugar durante o tempo de apertura dúas propostas en forma de obradoiro destinadas a público familiar, xuvenil e adulto. Serán impartidas por dous dos alumnos con obra exposta o 27 de decembro e o 10 de xaneiro, con inscrición previa e de balde en apuntate.pontevedra.gal

“Pintar con/desde a luz”, con Iñigo Barreiro, desenvolverase o 27 de decembro ás 18.30h na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura. Mínimo de idade 6 anos. 12 prazas. Neste taller traballarán coa percepción lumínica e como esta afecta a nosa percepción do espazo. Tomando como referencia a instalación de ignoto (peza do artista que imparte o obradoiro) e as secuencias lumínicas que esta nos achega, xogarán coa pintura en dous breves exercicios. En primeiro lugar xogarán cos focos para poder analizar a cor permitindo deste xeito entender como estes interactúan entre si, observarán a combinación de cores e como estes afectan á nosa percepción da propia cor, do debuxo e a súa transformación xogando coa luz. Para descubrir a pintura vencellada á luz nunha atmosfera experimental de xogo.

A segunda proposta é: 'Escoitar a materia: experimentación con arxila reciclada' da man de Lucía Leirós o 10 de xaneiro ás 12.30 h na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura. Mínimo de idade 6 anos. 15 prazas. Actividade consiste nunha sesión de experimentación coa arxila reciclada, na que as persoas participantes aprenderán a crear pequenas pezas empregando técnicas  manuais sinxelas (modelado básico, estampación con elementos naturais ou atopados,...). O obxectivo é que cada participante explore como a materia responde, cambia e se adapta, e que poida incorporar fracturas, marcas ou irregularidades comoparte do proceso creativo.