O humorista Pedro Brandariz será o encargado de pechar este venres 10 de decembro, a partires das 21.00 horas, o ciclo 'Risadas Contadas'.
Esta é unha das actividades centrais do programa Anota Cultura!, a través do cal a Concellería de Cultura desenvolveu durante o outono diferentes actividades lúdicas, incluíndo sesións en chave de humor ou a proxección do filme A Illa das Mentiras, entre outras.
Neste caso, Brandariz trae a Poio o seu espectáculo 'PGU: Partido de Gord@s Unid@s', que vai máis alá dun monólogo.
Trátase dunha proposta que destaca pola súa transgresión e polo xeito no que o seu protagonista aproveita vivencias propias para facer gozar ao público co seu particular humor. A importancia do espectáculo vai máis alá do que se di, xa que tamén incide na linguaxe utilizada e na representación.
Ao igual que o resto da programación, esta cita terá lugar no Centro Cultural Xaime Illa, na parroquia de Raxó, con entrada gratuíta e libre ata completar aforo. Previamente, pasaron por Poio, gracias a 'Risadas Contadas', humoristas e artistas da talla de Sergio Pazos, Faia Díaz e Velo Rilo, Isabel Risco e Lois Pérez.