'Pisaré las calles nuevamente', mostra do xornalista Jesús Pozo na UNED con imaxes do confinamento

Pontevedra
27 de novembro 2023

Desde este luns 27 de novembro ata finais do mes de xaneiro permanecerá aberta no centro universitario da UNED en Monte Porreiro esta exposición fotográfica que recolle imaxes durante o período de permanencia nas casas con motivo da pandemia da covid-19

Exposición fotográfica de Jesús Pozo
Exposición fotográfica de Jesús Pozo

O Centro asociado da UNED en Pontevedra ofrece desde este luns 27 de novembro unha exposición fotográfica de Jesús Pozo baixo o título 'Pisaré las calles nuevamente', que ofrece instantáneas realizadas por este xornalista ao longo do período de confinamento durante a pandemia da covid-19.

A exposición atópase situada sobre lonas instaladas nos corredores e zonas comúns do centro universitario situado en Monte Porreiro. As persoas interesadas poderán visitar a mostra ata finais do mes de xaneiro de 2024.

En total ofrécense 37 fotografías recollidas por Jesús Pozo, xornalista nado en Almería en 1961 e que exerceu esta profesión en prensa, radio, televisión, publicidade e comunicación. Produciu, dirixido e presentado programas de radio e tamén produciu e dirixiu películas documentais e curtametraxes.

Foi correspondente en Andalucía de 'Cambio 16' e colaborador de 'Interviú', dirixindo aos xornais Diario 16 Valencia e Diario 16 Murcia. Desde 1996 dirixe 'Adiós Cultural', única revista española que reflexiona sobre a morte desde a arte e a cultura e na Cadea SER desenvolve o programa 'Cualquier tiempo pasado fue anterior', un programa sobre historia.