PODCAST. Escolares de Cerdedo Cotobade pechan o presente curso de 'A familia Xachoconto'

Cerdedo Cotobade
14 de xuño 2026

Proposta para o fomento do hábito lector entre alumnado de Primaria e Secundaria e achegamento aos medios de comunicación dixitais

Alumnado do CEIP San Xoán Bautista en PontevedraViva Radio
Alumnado do CEIP San Xoán Bautista en PontevedraViva Radio / Antía Quinteiro García

A actividade nas aulas vai chegando ao seu descanso e 'A familia Xachoconto' tamén dá por finalizadas as sesións escolares deste curso lectivo. Unha proposta de PontevedraViva e PontevedraViva Radio para o fomento do hábito lector entre alumnado de Primaria e Secundaria e de achegamento aos medios de comunicación dixitais.

A última das visitas que deixa o seu nome corresponde aos estudantes do CEIP San Xoán Bautista de Cercedo Cotobade, co que participaron quince nenas e nenos de 4º, 5º e 6º curso de Primaria.

Visita Ceip San Xoan Bautista 5 y 6 primaria
Visita Ceip San Xoan Bautista 5 y 6 primariaAntía Quinteiro García

 

Achegáronse ao xornalismo local desde a redacción de PontevedraViva e ao medio radiofónico desde o estudo de PontevedraViva Radio onde gravaron o podcast que está dispoñible para escoita e descarga.

Visita Ceip San Xoan Bautista 5 y 6 primaria
Visita Ceip San Xoan Bautista 5 y 6 primariaAntía Quinteiro García

Para achegarse ás letras, concretamente ás Letras Galegas, expúxoselles a sinalada data do 17 de maio: que se celebra, por que, ou quen foi a primeira autora homenaxeada.

Para achegalos á autora de 'Cantares galegos', realizaron un percorrido virtual pola Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón. Coñeceron algúns dos emprazamentos onde escribía, ao seu marido Manuel Murguía, a descendencia da parella, a cociña coa súa lareira, ou o dormitorio no que faleceu.

Visita Ceip San Xoan Bautista 5 y 6 primaria
Visita Ceip San Xoan Bautista 5 y 6 primariaAntía Quinteiro García

De maneira máis lúdica foi o achegamento á escritora homenaxeada este 2026, Begoña Caamaño, mediante varios xogos interactivos.

Durante cinco meses, foron catorce visitas as realizadas; case trescentos alumnos de todos os ciclos de Primaria e de Secundaria, de diferentes municipios da provincia como O Grove, Cambados, Cerdedo-Cotobade, A Lama, así como CEIPs da zona urbana e as parroquias da capital.

Visita Ceip San Xoan Bautista 5 y 6 primaria
Visita Ceip San Xoan Bautista 5 y 6 primariaAntía Quinteiro García

As Letras Galegas, con Begoña Caamaño en gran medida, estiveron presentes en practicamente todas as sesións; tamén se achegaron á Xeración do 27 a través de Federico García Lorca, así como a outros autores de literatura infantil e xuvenil.

Alumnado do CEIP San Xoán Bautista en PontevedraViva Radio
Alumnado do CEIP San Xoán Bautista en PontevedraViva RadioAntía Quinteiro García