PODCAST. Estudantes do Sánchez Cantón sumáronse ao Día das Letras Galegas con Begoña Caamaño

Pontevedra
17 de maio 2026
Actualizado: 13:28

Estes mozos pertencen ao club de lectura do centro e analizaron en 'A familia Xachoconto' o libro 'Morgana en Esmelle' da escritora e xornalista homenaxeada este 17 de maio

Estudantes do club de lectura do IES Sánchez Cantón de Pontevedra
Estudantes do club de lectura do IES Sánchez Cantón de Pontevedra / Sergio Guillermo Lourés Miranda

Os adolescentes len e interésanse pola lectura, así se fixo evidente neste episodio do podcast 'A familia Xachoconto' que pretende fomentar ese hábito.

Os protagonistas son un grupo de estudantes de primeiro curso de Bacharelato do Instituto Sánchez Cantón de Pontevedra, dezaseis e dezasete anos.

Ademais de centro educativo, comparten horas no club de lectura que oferta este instituto pontevedrés.

Estudantes do clube de lectura do IES Sánchez Cantón de Pontevedra
Estudantes do club de lectura do IES Sánchez Cantón de PontevedraSergio Guillermo Lourés Miranda

A súa proposta foi analizar o libro 'Morgana en Esmelle' de Begoña Caamaño. Un texto de lectura obrigatoria no curso por ser a escritora e xornalista viguesa a muller que pon nome propio á celebración do Día das Letras Galegas.

Así, comentaron temas que se abordan nese texto como a responsabilidade de actuación, as decisións vitais, asunción de consecuencias non previstas ou desexadas, a muller fronte ao poder masculino, o destino fronte á liberdade de acción, a traizón ou a procura da felicidade.

Ademais desa exposición analítica do título escollido, tamén se pronunciaron sobre os seus hábitos e preferencias lectoras.

Estudantes do clube de lectura do IES Sánchez Cantón de Pontevedra
Estudantes do club de lectura do IES Sánchez Cantón de PontevedraSergio Guillermo Lourés Miranda

Deixan comentarios interesantes como que: "a lectura axudoume a coñecer formas de pensar, historias, vivencias doutras épocas que me fan reflexionar. Ademais, poder compartir todo iso con outra xente que pensa igual que eu, ou non, e compartir ideas entre todos e desconectar un pouco dos estudos".

Doutra parte, fixeron un diagnóstico dos seus hábitos de uso dos medios de comunicación, así como da súa percepción dos mesmos.

Estudantes do clube de lectura do IES Sánchez Cantón de Pontevedra
Estudantes do club de lectura do IES Sánchez Cantón de PontevedraSergio Guillermo Lourés Miranda