PODCAST. A historia dunha reporteira de guerra sueca que escolleu un pazo de Marín para vivir

Marín
30 de xuño 2025

En 1964 a xornalista sueca Christina Lilliestierna decidiu xunto ao seu marido dar un xiro ás súas vidas. Compraron o Pazo do Cadro, en San Tomé de Piñeiro, onde residiron até o seu falecemento

Marta Dalhgren y Christina Lilliestierna no Pazo do Cadro
Marta Dalhgren y Christina Lilliestierna no Pazo do Cadro / Marta Dalhgren

"...E non podemos deixar soa e abandonada unha vella casa tan fermosa". Así fala do Pazo do Cadro a que foi a súa última propietaria e moradora, a xornalista sueca Christina Lilliestierna, no libro 'Vivir na fin do mundo', onde relataba os seus primeiros anos de vida nese lugar de San Tomé de Piñeiro, en Marín.

Christina Lilliestierna nace en Göteborg en 1923. Estudou na Escola de Empresariais e posteriormente Dereito en Upsala. Alí coñece ao seu primeiro marido, co que tivo dous fillos.

Entra na súa vida un artista francés, Pierre Daboval, co que marcha a Francia e ten outro fillo. Para paliar vicisitudes económicas empeza a ofrecer artigos de prensa a xornais suecos.

Despunta como xornalista e un reputado rotativo sueco contrátaa como reporteira. Dá cobertura a conflitos bélicos como a guerra de independencia de Alxeria.

Na década dos 60 coñece ao francés Jean Novial. El divórciase e volve casar con Christina en Teherán, onde traballa como enxeñeiro nas prospeccións petrolíferas.

A capital iraniana era o destino previsto pola parella. Con todo, un mes antes en París, prodúcese o gran xiro vital. Apóstano todo ao destino. O azar decide que o resto das súas vidas transcorrerán no Pazo do Cadro. Era 1964.

Ao acubillo da ría de Pontevedra coñece a outra muller sueca que se instalou coa súa familia en Vigo, Marta Dahlgren. Esta última, tradutora até a súa xubilación, rememora a vida da súa amiga e o aciago devir do Pazo desde o falecemento de Christina no ano 2000.

Martha segue cun nó na garganta cando fala do Pazo. Emociónase e sente indignada pola inacción de calquera administración ante o que Turismo da Xunta identifica como o pazo máis antigo de Marín.

Camiño Noia (tradutora de 'Vivir na fin do mundo' xunto a Marta) pecha o prólogo da última revisión do libro así: "na actualidade é unha ruína que, de non reconstruírse axiña, o tempo converterá nunha morea de pedras, que servirán para edificar novos chalés moito máis modernos. Agardemos que a publicación de 'Vivir na fin do mundo' axude a mover as conciencias da clase política da que depende o pazo e acaben restaurándoo".

'Cos 5 sentidos' es unha publicación divulgativa financiada polo Plan Social Ence (#enceplansocialpontevedra).