PODCAST. PontevedraViva Radio abre un espazo para fomentar a lectura entre estudantes de Primaria e Secundaria

Pontevedra
04 de febreiro 2026
Actualizado: 10:33

Escolares de Primeiro e Segundo de Primaria do CEIP Ponte Sampaio estrearon os podcast 'Xachoconto' cos que se achegan textos e autorías a estas etapas educativas e coñecen tamén un medio de comunicación dixital

Escolares de Primeiro e Segundo de Primaria do CEIP Ponte Sampaio
Escolares de Primeiro e Segundo de Primaria do CEIP Ponte Sampaio / Cristina Saiz

Vinte e dous escolares de Primeiro e Segundo de Primaria do CEIP Ponte Sampaio encheron o estudo de PontevedraViva Radio para estrear as sesións do podcast 'Xachoconto'.

Trátase dun programa que ten como obxectivo fomentar a lectura entre estudantes de Primaria e Secundaria, á vez que lles ofrece a posibilidade de coñecer un medio de comunicación dixital.

A participación nesta actividade está aberta a todos os centros educativos que queiran tomar parte. Previamente á visita ao estudo de radio - e atendendo, si houbese, proposta ou interese concreto do centro participante -, concrétase un texto literario e un autor(a), tendo en conta igualmente as idades de cada unha de delas.

O alumnado participa nas lecturas do texto escollido; realízase unha recreación sonora si facilítao o contido literario; trabállase comprensión lectora, vocabulario, achegamento a escritor(a) e o seu contexto temporal; así como outras habilidades propias do medio de comunicación.

Préstase atención á próxima conmemoración do centenario da Xeración do 27 e do Día das Letras Galegas.

Ao empregar ferramentas e formatos radiofónicos, constatouse por iniciativas anteriores, que a contorna da actividade resulta un reforzo positivo para a aprendizaxe.

O resultado final é un podcast de contido didáctico, realizado de forma lúdica co alumnado e que queda dispoñible para o seu escoita e descarga nesta web, así como nas plataformas de streaming nas que se difunde.

No caso dos escolares do CEIP Ponte Sampaio tiveron oportunidade de coñecer á poeta Gloria Fuertes e a poesía 'Como se debuxa un neno'.

Os centros educativos interesados nestas actividades poden enviar un correo electrónico a [email protected] para solicitar reservas ou realizar consultas.