PODCAST. Uns tertulianos do IES Torrente Ballester en 'A familia Xachoconto'

Pontevedra
11 de maio 2026
Actualizado: 14:50

Estudantes de primeiro curso de ESO do Instituto Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra gravaron o seu episodio no podcast de PontevedraViva Radio

Visita a Pontevedra Viva Radio do IES Torrente Ballester
Visita a Pontevedra Viva Radio do IES Torrente Ballester / Antía Quinteiro García

Continuando co programa de fomento da lectura entre estudantes de Primaria e Secundaria, toca quenda ao IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra.

Os participantes desta ocasión foron alumnos de doce e trece anos que estudan primeiro curso de ESO.

A iniciativa ofrece unha parte dedicada ao achegamento aos medios de comunicación.

Coñeceron a redacción de PontevedraViva, que é un xornal dixital e o traballo habitual do xornalismo local.

De igual forma no estudo de PontevedraViva Radio participaron na gravación dun podcast - que se achega - e as diferenzas entre a radio dixital e a analóxica.

'A familia Xachoconto' pretende promover o seu interese polos libros e para iso neste caso apelouse á curiosidade pola cultura clásica.

Como texto condutor se propuxo a 'Pequena historia da antiga Roma' de Emilio del Río, a través do que coñeceron algúns legados como o latín, as vías públicas, o senado, etc...

Terminaron cunha breve referencia ás Letras Galegas e a persoa homenaxeada este 2026.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora