Ponte Caldelas soará o domingo ao folk galego de Milladoiro

Ponte Caldelas
20 de agosto 2021

Música  balcánica, folclore flamenco e banda musical completan a oferta cultural e de lecer para a fin de semana

Concerto de Milladoiro
Concerto de Milladoiro

Milladoiro coa súa música folk completará este próximo domingo 22 a programación estival para a fin de semana no Concello de Ponte Caldelas. Unha actuación que comezará ás 21.30 horas no escenario da Alameda.

As propostas, ademais da música celta da formación galega, inclúen música balcánica que ofrecerá este venres, á mesma hora e lugar, o trío Djelem Djelem. Unha formación da que forman parte veciños deste municipio pontevedrés.

A velada do sábado estará dedicada á música flamenca que ofrecerán Andalu-SI, Segredos do Sur e Alma Flamenca. A xornada do domingo tamén inclúe unha sesión vermut a partir das 13.00 horas, na Alameda, coa Banda de Música Cultural de Barro.