Pontevedra, capital da poesía por tercer ano consecutivo coa celebración de PontePoética

Pontevedra
09 de abril 2013

Coa dirección de Yolanda Castaño e a coordinación de Antón Sobral, Xaime Toxo e Carlos Fontes, o festival Ponte-Poética, un dos poucos certames de poesía que se celebran en Galicia, chega á súa terceira edición. "ÿ a edición da súa consolidación", aseguran os seus organizadores. Un festival que volverá a converter a cidade de Pontevedra, os próximos días 19, 20 e 21 de abril, "na capital galega da poesía"

Yolanda Castaño, directora do festival PontePoética Editorial Galaxia

Coa dirección de Yolanda Castaño e a coordinación de Antón Sobral, Xaime Toxo e Carlos Fontes, o festival PontePoética, un dos poucos certames de poesía que se celebran en Galicia, chega á súa terceira edición. "ÿ a edición da súa consolidación", aseguran os seus organizadores. Un festival que volverá a converter a cidade de Pontevedra, os próximos días 19, 20 e 21 de abril, "na capital galega da poesía".

Trátase dun certame que, segundo a súa directora, "intenta poner en valor a poesía en galego", aínda que non perderá de vista o que se fai "nas literaturas veciñas". De aí que non só autores galegos participen nesta terceira edición. Nas actividades organizadas no marco de PontePoética, centralizadas no Teatro Principal de Pontevedra, participarán unha decena de poetas, algúns deles procedentes de Portugal, Italia, Inglaterra ou o País Vasco.

PontePoética, xa consolidado no panorama cultural galego, non perderá o seu sinal de identidade. Di Yolanda Castaño que seguirá apostando "pola calidade literaria, pola diversidade de xénero ou por diferentes maneiras de entender a poesía". Todo iso mediante unha aproximación "integral e transversal", non limitada aos coñecidos recitais poéticos e buscando "novos espazos e novos públicos".

Neste sentido, buscarase achegar a poesía ao estudantado con encontros poéticos nos centros educativos da cidade, organizaranse obradoiros temáticos especializados e programaranse actividades en espazos de lecer nocturno, a medio camiño entre a expresión literaria e a musical. Todo para facer que Pontevedra siga sendo "unha raiola de esperanza" dentro do panorama cultural do país.

A programación completa de PontePoética é a seguinte:

Venres 19 de abril

Pola mañá: Encontro poético con alumnado do IES A Xunqueira I, IES Sánchez Cantón e IES Valle-Inclán.

18:30: Teatro Principal de Pontevedra (rúa de Paio Gómez Chariño s/n). Inauguración de PontePoética 3 e recital dos poetas:       

  • Claudio Rodríguez Fer
  • Marta Dacosta
  • Roger Wolfe

 

Presenta: Xaime Toxo

20:00: Teatro Principal de Pontevedra. Recital dos poetas:    

  • Raquel Lanseros
  • Lino Braxe
  • Rosa Alice Branco

 

Presenta: Goretti Canario

22:30: Pub Pequeño Karma (rúa de Paio Gómez Chariño, 29, baixo). Performance poético-musical "A MARCHA DA SOMBRA. Poesía en vivo con voz, corpo e alma": Claudio Pozzani

Sábado 20 de abril

18:30: Teatro Principal de Pontevedra. Recital dos poetas:

  • María do Cebreiro
  • Biel Mesquida
  • Claudio Pozzani

 

Presenta: Antón Sobral

20:00: Teatro Principal de Pontevedra. Recital final con todos os poetas participantes e clausura de PontePoética 3.

Lino Braxe, Raquel Lanseros, Claudio Rodríguez Fer, Rosa Alice Branco, Biel Mesquida, Marta Dacosta, Roger Wolfe, Kirmen Uribe, María do Cebreiro e Claudio Pozzani.

Presenta: Yolanda Castaño

Domingo 21 de abril

11:00: Fundación Cuña-Casasbellas. Sala Versus (rúa de Xerardo Álvarez Limeses, 12). Obradoiro especializado de Poesía con Kirmen Uribe

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora