Pontevedra dá a benvida a 2017 con música, ballet e zarzuela no Concerto de Aninovo

Pontevedra
01 de xaneiro 2017

O Pazo da Cultura encheuse este domingo 1 de xaneiro para gozar do Concerto de Aninovo da Filharmónica Cidade de Pontevedra, un recital que por primeira vez introduciu a zarzuela na primeira metade do espectáculo

Concerto de Aninovo da Orquesta Filharmónica de Pontevedra
Concerto de Aninovo da Orquesta Filharmónica de Pontevedra / PontevedraViva

Non é Viena, pero empeza a ser toda unha tradición na cidade. O Pazo da Cultura vestiu este domingo 1 de xaneiro as súas mellores galas para recibir ao 2017 a ritmo do Concerto de Aninovo da Filharmónica Cidade de Pontevedra.

O medio cento de músicos da formación pontevedresa fixeron gozar ao público que enchía o auditorio cos tradicionais valses e polkas de Strauss e Tchaikovsky. Ademais por primeira vez durante a primeira metade do espectáculo interpretaron música de zarzuela.

Coa colaboración do tenor Enrique Martínez e a soprano Ruth Terán, interpretáronse pezas de La revoltosa, Doña Francisquita, El último romántico, El gato montés, La boda de Luis Alonso, El caserío e El barberillo de Lavapiés.

A quinta edición do Concerto de Aninovo foi dirixido de novo por Fernando Briones e contou coa colaboración do Ballet Norte, que acompañou a interpretación con catro parellas de balarines. Ademais un grupo de estudantes de danza de entre 10 e 12 anos participaron nalgúns momentos do espectáculo.