Pontevedra saborea o 'Menú da noite' de Carlos Blanco e Luis Davila

Pontevedra
09 de maio 2016

O Pazo da Cultura acolleu este domingo unha dobre sesión do espectáculo humorístico, cargado de retranca galega, na segunda cita do ciclo Summum Teatro

'Menú da Noite' de Carlos Blanco e Luis Davila
'Menú da Noite' de Carlos Blanco e Luis Davila

Xornada de humor por partida dobre no Pazo da Cultura, na segunda das citas do ciclo Summum Teatro.

O actor Carlos Blanco e o debuxante Luís Davila protagonizaron dous pases do seu novo espectáculo Menú da Noite, continuación do exitoso Menú do Día co que debutaron como parella artísitca.

Non se trata dun mológogo humorístico de Blanco nin dunha obra de teatro ao uso, senón dun diálogo entre ambos a través do elemento que máis os define, a retranca.

O debuxante de Bueu e o actor arousán combinan de novo enxeños e artes viaxando esta vez a Brodway "cos sachos, claro", sinala a propia promoción do espectáculo.

Summum Teatro terá continuación este próximo xoves 12 de maio co espectáculo Losers (Perdedores), protagonizado por María Pujalte e Vicente Romeu.