Pontevedra soa a… Todo este ‘Son Local’

Pontevedra
10 de agosto 2022

Na noite deste martes, Pontevedra soou a Pontevedra. A redundancia chegou da man de 'O Son Local', un ciclo que ata o venres 12 de agosto enche seis espazos e escenarios da cidade da música de bandas locais. A estrea chegou da man de 'Hainas' á praza de Celso García de la Riega e de 'Odiosos 5' ás escaleiras do Teatro Principal 

Concerto de Odiosos 5 no ciclo O Son Local
Concerto de Odiosos 5 no ciclo O Son Local / Cristina Saiz

Na noite deste martes, Pontevedra soou a Pontevedra. A redundancia chegou da man de 'O Son Local', un ciclo que ata o venres 12 de agosto enche seis espazos e escenarios da cidade da música de bandas locais. 

A Parda, as escaleiras do Principal, a rúa Laranxo, a rúa Cruz Vermella, a praza Celso García de la Riega e o Campillo de Santa María serán os escenarios nos que van actuar os grupos durante toda a semana.

Este martes, a estrea chegou da man de 'Hainas' á praza de Celso García de la Riega e de 'Odiosos 5' ás escaleiras do Teatro Principal.

O ciclo forma parte da programación de verán ideada polo Concello de Pontevedra e esta semana fará que a cidade soe a pop,  blues ou hip-hop.

Este mércores, o ciclo tamén ten cita dobre. Ás 20.30 actuará 'La Mosca Valiente' na rúa Laranxo e ás 22.00 horas será a quenda de 'Flip Corale' na rúa Cruz Vermella.

Xa este xoves, 'O Son Local' chegará ao Campillo de Santa María ás 20.00 horas con 'Black Hole' e o venres a cita será á mesma hora na Parda con ' MKP + Pelexa de galos'.