Todo está a punto xa para que a Illa das Esculturas acolla este sábado 17 de xuño unha nova edición, a sétima, do festival Surfing the Lérez.
Tan só quedaba por coñecerse os horarios dos concertos das trece bandas que subirán este ano aos dous escenarios que se habilitarán no festival.
Os horarios das actuacións son os seguintes:
- 12.00 horas: Monrovia
- 12.50 horas: Glitter & Litter
- 13.40 horas: Dois
- 14.20 horas: Os Amigos dos Músicos
- 15.10 horas: Lucy and the Rats
- 15.55 horas: The Soul Jacket
- 16.45 horas: Diola
- 17.30 horas: Bala
- 18.15 horas: Los Vinagres
- 19.05 horas: Los Deltonos
- 20.10 horas: Pájaro
- 21.05 horas: Los Tiki Phantoms
- 22.00 horas: Malandrómeda
- 22.50 horas: Los Bengala
O Surfing the Lérez arrancará ás 11.30 horas, momento desde o cal se comezarán a recoller os litros de leite que, de forma altruísta, solicitáronse aos asistentes para entrar ao festival e que posteriormente se entregarán á Rede Axuda do Concello de Pontevedra.