"Presidente" de Teatro do Morcego, primeira cita co ciclo Ponteatro

Pontevedra
07 de outubro 2015

Os afeccionados ao teatro teñen unha cita ineludible, a partir deste xoves, no Teatro Principal. Comeza o ciclo Ponteatro e faino con Presidente, un espectáculo que corre a cargo da compañía Teatro do Morcego. A representación terá lugar ás nove da noite

Cartel de "Presidente", obra da compañía Teatro do Morcego
Cartel de "Presidente", obra da compañía Teatro do Morcego / Teatro do Morcego

Os afeccionados ao teatro teñen unha cita ineludible, a partir deste xoves, no Teatro Principal. Comeza o ciclo Ponteatro e faino con Presidente, un espectáculo que corre a cargo da compañía Teatro do Morcego. A representación terá lugar ás nove da noite.

Presidente é unha obra que ofrece un xogo co espectador sobre a decisión do presidente do goberno, ao que as enquisas vaticinan a derrota electoral do seu partido, deciden tomar unha iniciativa desesperada: visitar persoalmente aos votantes nas súas casas para convencelos de que lle apoien nos comicios.

Así, distintas familias recibirán nas súas casas, sen previo aviso, a inesperada visita do presidente. Unha familia humilde en situación crítica con todos os seus membros en paro, unha familia ultraconservadora preocupada pola perda dos seus valores tradicionais e unha familia monoparental antisistema escoitarán de súpeto como soa o timbre da súa porta e diante deles aparece o presidente disposto a convencelos de que a súa opción é a mellor.

A pregunta é se o presidente conseguirá o voto de xente tan variada, darlle a volta ás enquisas e continuar gobernando outros catro anos.

Ademais do actor Celso Parada, que dá vida ao presidente do goberno, o elenco protagonista desta obra conta con Merce Castro, César Goldi, Iolanda Muíños e Federico Pérez.

As entradas teñen un prezo de oito euros, catro para estudantes, desempregados e xubilados. Tamén se pode adquirir o abono para todo o ciclo a un prezo de 48 euros, 32 se é bonificada. Están dispoñibles en www.ataquilla.com.