Proba a facer pasatempos sobre a colección de Prehistoria e historia antiga do Museo de Pontevedra

Pontevedra
29 de abril 2020

Esta actividade entra na oferta lúdica que se desenvolve desde esta institución dentro da iniciativa 'O Museo en familia' coa intención de ofrecer iniciativas para entreterse durante o estado de alarma

Pasatempo do Museo de Pontevedra
Pasatempo do Museo de Pontevedra

A páxina web do Museo de Pontevedra puxo en marcha unha nova iniciativa. Trátase dun pasatempo encrucillado sobre a colección de Prehistoria e Historia Antiga que se atopa nas súas instalacións.

Esta iniciativa inclúese dentro das ofertas lúdicas de 'O Museo en familia' que desde a institución dependente da  Deputación de Pontevedra están a levarse a cabo para facer máis entretido o período de confinamento establecido con motivo do estado de alarma pola expansión do Covid-19.

Este pasatempo ten como finalidadeencaixar vinte palabras relacionadas en xeral con temáticas das etapas prehistórica e de historia antigaen relación coas salas de arqueoloxía do edificio Sarmiento. Débense atopar termos relativos a épocas e períodos, a técnicas de tratamento de materiais, deuses, monumentos e cámaras funerarias. Establécese un apartado de  autocorrección para facilitar a realización desta proposta.

Nos próximos días tamén se ofrecerá unha actividade con recortables e motivos pictóricos relacionados coa colección do Museo, elaborado tamén polo equipo educativo da institución.