Queres asistir ao espectáculo 'Trendingtronching' de Leo Harlem? O Pazo da Cultura regala entradas cun divertido concurso

Pontevedra
17 de outubro 2014

En xogo entradas dobres e pases de camerino para coñecer a Leo Harlem e Sergio Olalla, protagonistas do espectáculo o próximo 28 de novembro

Concurso do Pazo da Cultura para asistir de balde ao espectáculo Trendingtronching Pazo da Cultura

Os artistas Leo Harlem e Sergio Olalla traerán a Pontevedra o próximo venres 28 de novembro o seu espectáculo de humor Trendingtronching.

Para promover a cita e dar a posibilidade de acudir de balde o Pazo da Cultura activou un concurso e un sorteo no que se poderán lograr tres entradas dobres, ademais de conseguir un pase de camerino para coñecer os humoristas tras o espectáculo.

Baseado nos carteis do ciclo Ponteatro, o Pazo da Cultura activou un concurso de fotos de "cans paveros", imaxes das mascotas que deberán ser compartidas a través da plataforma cooltabs do seu Facebook e que terán como premio unha entrada dobre con pase de camerino.

As outras dúas entradas dobres serán sorteadas a través dunha plataforma similar á empregada para o sorteo dun abono do ciclo Ponteatro.