RADIO.-A AGG reedita a biografía de Ricardo Portela cunha parte inédita tras o seu falecemento

Pontevedra
06 de maio 2021

Tres nomes propios e un patrimonio inmaterial compoñen esta edición de 'Cara a cara': o gaiteiro Ricardo Portela, José Luis Calle García e Alberto Pires, vogal da Asociación de Gaiteiros Galegos que nos acompaña no estudo de  PontevedraViva Radio

Alberto Pires, artesán e vogal da Asociación de Gaiteiros Galegos
Alberto Pires, artesán e vogal da Asociación de Gaiteiros Galegos / Mónica Patxot

'Ricardo Portela, dúas palabras verbo da gaita galega' é o libro de José Luis Calle García que se editou por primeira vez en 1988 e que agora se reedita a pedimento da Asociación de Gaiteiros Galegos e a colaboración da Deputación de Pontevedra. Nesta segunda edición o autor engadiu unha parte inédita: o falecemento do gaiteiro de Viascón; xa que na primeira, Portela aínda vivía.

Con Alberto Pires, vogal da Asociación e artesán na elaboración de gaitas desde o seu taller de Pontesampaio, charlamos neste 'Cara a cara' do "mestre do toque pechado", do primeiro presidente da entidade que agora representa, dun home que se propuxo dignificar a figura do gaiteiro, o folclore galego.

Neste podcast de PontevedraViva Radio escoitamos tamén a Pires, enxeñeiro forestal, explicar como e con quen comezou a realizar gaitas, ou que madeira considera a máis idónea para construír estes instrumentos. Unha tarefa á que na provincia dedícanse ao redor de quince artesáns, uns corenta en Galicia.

E falamos ademais da música tradicional galega neste momento actual, tanto de quen consomen esta oferta cultural, como de quen se dedica a ensinala, compoñela, cantala e bailala.