RADIO.- A playlist de... Diego 'Blind Crows', feito para tocar forte

Pontevedra
16 de febreiro 2019

Thee Blind Crows presentan este sábado 16 na Sala Karma o seu novo LP. Diego de la Church, batería da banda, comparte con  PontevedraViva Radio unha  ínfimísima parte da súa banda sonora

Diego 'de la Church' na Playlist de PontevedraViva Radio
Diego 'de la Church' na Playlist de PontevedraViva Radio / Mónica Patxot

'Dddelirio' foi o acompañamento do seu nome durante un tempo. Logo pasou a 'de la Church', un spanglish do seu apelido, Diego de la Iglesia. Ese último empregouno para as súas horas de Dj: Diego da Church. Haberá quen recoñeza o sobrenome, pero en feminino: Betty de la Church. Si, tamén fai incursións como Dj e é a súa irmá; así que cando se xuntan podedes recoñecelos como Church Brothers.

É unha pequepa parte da historia desta Playlist, porque tamén protagoniza este podcast o batería da banda pontevedresa The Blind Crows. Cumpren dez aniños, así que decidiron celebralo cun novo LP 'Death awaits us all' e advirten na carátula "made to be played loud". Un lema que se axusta á banda sonora de Diego, feito para tocar y para escoitar forte.  Demostrarano este sábado 16 no concerto de presentación do disco na Sala Karma

A súa biblia está sacada do 'Punk-o-Rama' e aínda que por agora non pode vivir da música, ten outra fe que reflicte no deseño gráfico; o mesmo co que  customizó a un Cristo do libro de texto de Relixión. Empezou a tocar a batería para  desestresarse, enseguida xuntouse con Alberto e formaron The Noisy Room. Máis tarde con Samu estivo en Terbutalina. Agora os tres son The Blind Crows. Hai outros 'corvos' que lles acompañan en cada vídeo: Romi y Gero de Produccións Mutantes, pero esta, é outra historia, que desde PontevedraViva Radio contarémosvos nunha próxima ocasión.