RADIO.- 'A playlist' do doutor Núñez Fernández, de 'Brancardier el dietrólogo' e a súa familia

Pontevedra
03 de xullo 2021

Manuel Jesús Núñez Fernández é médico do Complexo Hospitalario de Pontevedra. Ademais acaba de estrearse como escritor co título 'Brancardier el dietrólogo'. Pon nome, contido e música a 'A  playlist' de PontevedraViva Radio

Manuel Jesús Núñez Fernández acaba de publicar o seu primeiro libro de relatos
Manuel Jesús Núñez Fernández acaba de publicar o seu primeiro libro de relatos / Mónica Patxot

Manuel Jesús Núñez Fernández é doutor en Medicina, especialista en Medicina Interna e a súa traxectoria profesional está vinculada ao Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra. A súa traxectoria persoal está vinculada a un piar sólido sobre o que o foi crecendo: a familia. Un núcleo que está sempre presente no podcast de 'A playlist' ao que pon nome, contido e música.

Naceu en Coiro, Cangas. Lembra, con sete anos, o nacemento do seu irmán Jose e con once, o da súa irmá Marta; tamén rememora a conexión que xera a convivencia cos avós, no seu caso os maternos, Dores e José; a banda sonora que o seu pai, Manuel, poñíalles no coche, de viaxe á serra madrileña; e os sabores da mocidade que entre outros, son os da empanada de mazá de Lolita, a súa nai.

A súa vocación por ser médico ten igualmente relación familiar, un tío avó paterno que "era unha persoa desempeñando a responsabilidade de médico como poucas veces vin o meu ao redor, aquel home era especial" conta en PontevedraViva Radio. Actualmente hai que engadir outra familia, a que o doutor formou coa súa muller,  Alicia, tamén vinculada ao ámbito sanitario e coa que comparte outra profesión, a de pais de dous fillos: Javier e Mateo.

Hai que dicir que o último membro que se sumou e que levou practicamente en segredo, tamén é médico, traballa e vive nesta provincia e é dietrólogo. Isto é, considera que nada ocorre porque si, por casualidade. Chámase Brancardier. 'Brancardier o dietrólogo (que recita poemas)' é o título do primeiro libro que acaba de editar e que xa está á venda en librerías. 

"Afabilidade, sinxeleza, bondade e honradez no carácter e no comportamento", así define a RAE a bonhomía e se tivese que ir acompañada dunha fotografía, sería a de Manuel e a familia Núñez Fernández.