RADIO.- A prolífica escritura de Sandra Estévez Calvar, doce novelas nos últimos oito anos

Pontevedra
13 de febreiro 2022

En 2014 publicou a súa primeira novela, actualmente promociona 'La predicadora', a décimosegunda. Coñecemos en PontevedraViva Radio a prolífica traxectoria da autora galega Sandra Estévez Calvar

A escritora Sandra Estévez Calvar en PontevedraViva Radio
A escritora Sandra Estévez Calvar en PontevedraViva Radio / Mónica Patxot

Doce novelas nos últimos oito anos. O nome desta prolífica autora de novelas é o da porriñesa Sandra Estévez Calvar. Acompáñanos no podcast 'Cara a cara' para falarnos da súa traxectoria como escritora. Unha actividade que xa comezaba a esbozar ás agachadas durante a súa estapa estudantil e á que anos despois comezou a dedicarse de forma terapeútica.

O primeiro título publicado foi 'Entre el miedo y el amor' en 2014 e ata 'La predicadora', publicada este ano, puxo á muller como protagonista de practicamente todos os seus libros. Desenvólvese no xénero de suspense, con aderezos románticos e engadindo nas súas tramas algúns problemas sociais como a homofobioa, a violencia de xénero ou o narcotráfico.

Precisamente o narcotráfico circunvala 'A un segundo de rendirme' que ambientou en Cambados. A cidade arousá non é unha excepción de escenarios galegos nas súas novelas; 'Desafíos do destino' leva ata o Pazo de Lourizán, 'No todo es casualidad' á Ribeira Sacra e 'Desafíos del destino' tamén está ambientada en Galicia. Inglaterra ou o Vaticano, caso da última publicación, son outros destinos aos que levan as súas liñas.

Todas as novelas son ficción fóra de 'Invisible', inspirada nunha muller nada na década dos 40 e cuxo periplo migratorio entre Portugal e Francia relata. Nuns meses podería comezar unha terceira parte para  'Entre el miedo y el amor' y 'Entre ángel y demonio'. E avanza en PontevedraViva Radio un posible escenario: a prisión da Lama.

Os segredos para tanta produtividade literaria non se desvelan, pero si conta que sempre ten a man un caderno e un bolígrafo, por aquilo das musas e a inspiración.

É unha autora que se comunica co seu público a través de redes sociais, pero tamén persoalmente, de feito actualmente compaxina o seu traballo, a dedicación á familia e a escritura coa promoción da última novela dentro e fóra de Galicia.