RADIO.- Búscase a Jabois para un cameo en "A estación violenta"

Pontevedra
02 de xuño 2017

"A estación violenta" é o título da novela de mocidade de Manuel Jabois. Matriuska Producións puxo a súa atención no libro e tras uns anos adaptando un guión, estes días ultímase a rodaxe da longametraxe co mesmo nome. Acompáñannos en PontevedraViva Radio a súa novísima directora, Anxos Fazáns e a actriz Nerea Barros.

Nerea Barros e Anxos Fazáns nas Conversas na Ferrería de PontevedraViva Radio
Nerea Barros e Anxos Fazáns nas Conversas na Ferrería de PontevedraViva Radio / Mónica Patxot

Haberá un cameo de Manuel Jabois en "A estación violenta"? Unha dúbida que queda nestas Conversas na Ferrería de PontevedraViva Radio despois de que a actriz Nerea Barros (Goya á Actriz Revelación en 2014 por "La isla mínima") e a directora, Anxos Fazáns, manifestasen ese desexo.

Ultiman esta semana a rodaxe da película baseada na novela xuvenil do xornalista pontevedrés, así que se o aludido está interesado, o tempo aprema a contrarreloxo.

Matriuska apostou por levar ao cinema este traballo de mocidade do xornalista sanxenxino. Unha novísima marinense, Anxos Fazáns, é a directora da longametraxe rodada en Súper-16 mm. Tres actores galegos coprotagonizan a película: Nerea Barros, actriz revelación en 2014 con "La isla mínima"; xunto a Xosé Barato e Alberto Rolán, rostros coñecidos no teatro e televisión de Galicia.

Nerea e Anxos cóntannos anécdotas destes días de rodaxe en Pontevedra, O Grove ou Santiago. Como chegou este proxecto a cada unha delas, ademais de traballos futuros e estreas pendentes.