RADIO.- Cara a cara: 'Adolescentes 2.0' unha guía práctica de Roberto Antón para para traballar e convivir con eles

Pontevedra
06 de xuño 2019

'Adolescentes 2.0 Proposta de intervención con adolescentes e familias' é o primeiro libro que publica Roberto Antón Santiago. Charlamos en Pontevedraviva Radio con este psicólogo que é tamén coordinador do Programa de Atención Familiar na Fundación  Meniños

Roberto Antón, estará na Feira do Libro de Madrid este domingo día 9 de xuño
Roberto Antón, estará na Feira do Libro de Madrid este domingo día 9 de xuño / Nacho Fuentes

Licenciado en Psicoloxía, Experto en Programas de Intervención Familiar e Máster en Terapia Breve Estratéxica. Exerce esta formación como psicólogo e como coordinador do Programa de Atención Familiar na Fundación  Meniños. Roberto Antón Santiago publicou o seu primeiro libro 'Adolescentes 2.0 Proposta de intervención con adolescentes e familias' e a editorial CCS teralle este domingo 9 de xuño na Feira do Libro de Madrid como nos conta en  PontevedraViva Radio.

Que é e a quen vai dirixido este traballo? a aqueles profesionais que traballan con adolescentes e igualmente ás familias. Non é un libro que caia no rebuscamiento técnico, máis ben o contrario, de forma práctica, ejemplificada e cunha linguaxe sinxela expón ferramentas para alcanzar obxectivos, comportamentos, situacións ou relacións positivas para e cos adolescentes. 

Cando comeza e cando termina a adolescencia, por que se asocia esta etapa vital con conceptos negativos, a importancia de como se utiliza a linguaxe na comunicación das familias e cos adolescentes, solucións eficaces e ineficaces, "explicacións terapéuticas", prescricións útiles,  bulliyng, trastorno de déficit de atención con hiperactividade, etc... son aspectos que vai plasmando Roberto Antón e dos que nos deixa moi interesantes pinceladas no Cara a cara.