RADIO.- Cara a cara: David Neira, "363 maneiras de conxugar o amor e as súas sabas"

Pontevedra
28 de xuño 2018

David Neira acaba de presentar a súa segunda novela '363 TQ' na Festa dos Libros. Tivemos de invitado ao escritor pontevedrés en PontevedraViva Radio para falarnos da súa faceta escritora, entre outras cousas

David Neira no Cara a cara de PontevedraViva Radio
David Neira no Cara a cara de PontevedraViva Radio / Mónica Patxot

A súa segunda novela leva "por matrícula" '363 TQ'. O seu autor, o pontevedrés David Neira comparte charla en PontevedraViva Radio sobre este libro, sobre o anterior, sobre a súa faceta de escritor e a previa á de escribir.

Unha 'routada' cambioulle a vida a este pontevedrés que se dedicou profesionalmente a infinidade de traballos. Decidiu facer unha viaxe para coñecer a outro escritor, Eloy Moreno, ao que ten por mentor; e a partir de aí a súa historia vital "cambiou de vías", como el di.

"La travesía del Fénix" escribiuna en escasos meses, xa que como afirma neste Cara a cara "levaba 20 anos fermentando" a novela.

Con esta segunda, tamén foi unha xénese rápida. Rápida e particular xa que case acabou absorvido pola vida propia da novela, escribindo ao rebufo da mesma. O que en principio ía ser unha recompilación de prosa poética, converteuse en "363 maneiras de conxugar o amor e as súas sabas".