RADIO.- Comezamos ano con Grammy Latino no Cara a cara

Pontevedra
09 de xaneiro 2020

Julio Fowler é cantante, compositor e produtor cubano. O álbum 'Tiempo al tiempo', do que é un dos compositores, levou este pasado 2019 un dos Grammy Latinos. Este xoves 9 e o domingo 12 actuará en Pontevedra. Charlamos con el en PontevedraViva Radio xunto a Gustavo Almeida

Gustavo Almeida e Julio Fowler no Cara a cara
Gustavo Almeida e Julio Fowler no Cara a cara / Cristina Saiz

Julio Fowler desenvolve varias facetas no ámbito musical. É cantante, é compositor e é produtor. As súas composicións escoitáronse nas voces de Marta Sánchez, Andrés CepedaAmaury Gutiérrez, Nuria Fergó, etc... ou recibiron un dos últimos Grammy Latinos. Como cantautor, o artista cubano, tamén se rodea de profesionais "de alto nivel" como os creadores da banda sonora de 'Habana Blues' de Benito Zambrano, gañadora dun Goya; entre outros que nomea no Cara a cara.

Non é a primeira ocasión que actúa en directo en Pontevedra. Quen non o descubriu aínda, hai que dicir que as súas creacións non están nos canons oficiais da música cubana, senón que absorve diversos estilos e identidades, fusionándoos.

O concerto máis inmediato é este xoves 9 ás 21.30 horas na Botica, con entrada gratuíta. Alí repasará os seus cinco álbums e estreará un par de cancións. O domingo será no Espazo Nemonon ás 19.00 horas acompañado de Gustavo Almeida. Avanzan en  PontevedraViva Radio que ofrecerán  "un intercambio de cancións, un diálogo musical entre autores que se admiran; aínda que algo nos picaremos para que non resulte aburrido" en palabras de Fowler. Almeida descríbeo como "unha confrontación de forma positiva nosas cancións; xa sexa levándonos a contraria ou coincidindo".