RADIO.- Coñeces a Loiros e están de presentación en Pontevedra

Pontevedra
08 de novembro 2019

Loiros. Ese é o nome que escolleron catro músicos entre os que están Virxilio da Silva e Héctor Agulla, alumnos, participantes e agora mesmo profesor do Seminario Permanente de Jazz. En PontevedraVIva Radio falamos do seu primeiro LP que é moito máis que jazz e que presentan este venres no Liceo Mutante

Virxilio da Silva máis Héctor Agulla en PontevedraViva Radio
Virxilio da Silva máis Héctor Agulla en PontevedraViva Radio / PontevedraViva

 Virxilio da Silva máis Héctor Agulla comezaron a súa formación musical no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. E aínda que as súas traxectorias tiveron continuidades paralelas, converxeron en Loiros en 2016. A súa proposta inicial, - da que saíu un EP -, sen voces, foi evolucionando coa incorporación do alemán Félix Barth; e do francés, Wilfried Wilde. Dúas guitarras, batería, baixo e dúas voces para "ser honestos co que queremos facer" e que de aí saíse algo diferente, comentan nas Conversas na Ferrería.

 Loiros é jazz moderno, psicodelia, post-rock, grunge, shoegazing, impresionismo francés e ritmos africanos. Como soa todo ésto? ao seu primeiro LP. Un traballo que presentan este venres 8 no Liceo Mutante de Pontevedra a partir das 20.30 horas. Fin de semana intensa, xa que o sábado, en sesión matinal actuarán en Braga e pola noite na sala Krazzy Kray de Cambados ás 23:30 horas.

Quen se achegue aos seus concertos, deben saber que cada unha das súas actuacións non é igual á siguente, nin á anterior. E outra cousa, que se vai a escoitar, non a estar de charla, nin a deixarse ver. A intención contraria saben como erradicala e cóntano en PontevedraViva Radio. Táboas non lles faltan, porque con Loiros, coas outras bandas ás que tamén pertencen ou en solitario; os seus nomes non son descoñecidos nisto da música.