Por que motivo o Concello de Pontevedra decide crear unha marca propia como Cabos Soltos para amparar a actividade cultural da cidade?, con ese punto de partida arrincaba o primeiro dos encontros técnicos deste pasado xoves 21 na Casa da Luz. A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Anabel Gulías daba resposta a esa cuestión e xunto ao xornalista Carlos Crespo e o músico Gonzalo Maceira poñían contexto á escena musical actual de Pontevedra.
Durante a charla que reproduce PontevedraViva Radio fálase de actividade e iniciativa cultural existente nesta capital; da música que emerxe na mesma e a súa proxección, de iniciativas públicas e privadas que facilitan a visibilidade da devandita actividade; de particularidades que se producen en Pontevedra, de política cultural, do papel e riscos dos programadores ou da difusión dos medios de comunicación destas bandas emerxentes, non só na cidade, senón no resto da provincia ou en Galicia.