RADIO.-Isma Romero: "Luminiscencia" no Cara a cara

Pontevedra
28 de decembro 2017

Chamalo só cantante sería inxusto e incompleto. Isma Romero non só canta, toca a guitarra e compón os seus temas. Así que para tratar de achegarnos á realidade definímolo como artista musical. Aínda que non é pontevedrés, en PontevedraViva Radio adoptámolo como tal e acompáñanos de novo, tras a edición do seu segundo traballo.

Isma Romero no Cara a cara de PontevedraViva Radio
Isma Romero no Cara a cara de PontevedraViva Radio / Mónica Patxot

A primeira vez que pasou polos micrófonos de PontevedraViva Radio era maio de 2016 e tiña o seu primeiro CD editado con Warner Music Spain: "Antes de que esté prohibido". Avanzaba entón que para o seguinte outono quería ter o seu segundo traballo no mercado.

E así foi, neste Cara a Cara temos "Luminiscencia" de Isma Romero entre as mans.

Un mozo valenciano ao que a vida vinculouno con Pontevedra grazas a Carla Fernández. Un rapaz que con dez anos quedou inevitablemente pegado a unha guitarra. Un mozo cuxa personalidade, cuxo estilo, cuxo segundo álbum, foron madurando con esas "decisións constantes que é a vida".

Esta vez, cóntanos que pasou no último ano e medio; persoal e profesionalmente. Conclúe este programa coa interpretación de "Fogonazo de luz"; un dos temas deste último CD. Se non che resulta suficiente, que seguro, haberá ocasión de velo en directo en Pontevedra. Así que... atención a Isma Romero.