RADIO.- Luis Boullosa volve ao ensaio con 'Diez maneras de amar a Lana Del Rey. Una investigación pop'

Pontevedra
22 de novembro 2022

O escritor e músico pontevedrés presentará este próximo mércores 23 o seu novo título na Librería Paz de Pontevedra. Charlamos con el en PontevedraViva Radio

Luis Boullosa trouxo o seu novo título editorial a PontevedraViva Radio
Luis Boullosa trouxo o seu novo título editorial a PontevedraViva Radio / Mónica Patxot

Luís Boullosa volve ao podcast 'Cara a cara'. Esta vez centramos a atención na súa faceta de escritor. O título da súa nova publicación é 'Diez maneras de amar a Lana Del Rey. Una investigación pop' (Liburuak).

O autor pontevedrés fixa a atención na cantante, compositora, escritora, produtora e modelo americana, que transita entre o mainstream e o underground. Os ensaios vinculados á música non son nada alleo para el.

"É un libro para todos os públicos, a condición de que a xente entenda que tipo de libro é. Non é unha biografía de La Del Rey. Utilizo esta figura para falar doutras moitas máis cousas" comenta.

Boullosa presentou xa este título en capitais como Madrid, Bilbao e Barcelona; en Xixón e a última en Cangas. Este próximo mércores 23 será a quenda da capital pontevedresa. Comezará ás 20.00 horas na Librería Paz e estará acompañado de Manuel Pérez Lourido.

Podes escoitar o podcast no arquivo anexo ou acceder á web de PontevedraViva Radio e escoitalo ou descargalo.