RADIO.- Manel Loureiro publicará en abril de 2017 a súa última novela

Pontevedra
16 de novembro 2016

O programa universitario "El Escaparate" -que emite PontevedraViva Radio-, ofrece unha entrevista co escritor pontevedrés Manel Loureiro.

Ilustración de Manel Loureiro
Ilustración de Manel Loureiro

O escritor pontevedrés Manel Loureiro acaba de rematar o manuscrito da súa vindeira novela. Unha obra que se publicará en España en abril de 2017. Así o anunciou na entrevista que inclúe esta semana o programa universitario "El Escaparate" e que emite PontevedraViva Radio cada mércores ás 20.00 horas.

Neste programa ademais, realizan enquisas a varios estudantes sobre os seus hábitos de lectura; ofrecen consellos para ser un bo escritor e Aveliña e Milucha falan da súa afección á lectura.

Tampouco falta a sección Bla bla Campus e outro dos invitados desta edición 43 de El Escaparate para falar de literatura é Jonathan Knaus, estudante de intercambio, na Facultade de Fisioterapia do campus de Pontevedra.