RADIO.- Manuel Lourenzo: De aqueles Salgaris veñen estas Ceibas

Pontevedra
07 de decembro 2017

Manuel Lourenzo, ten na súa bagaxe como escritor 25 títulos de narrativa, literatura infantil e xuvenil ou teatro. Isto sen contar outros tantos colectivos. Este prolífico traballo, ou necesidade como sinala en PontevedraViva Radio, reportoulle once premios. O último acábao de recibir estes días: o Jules Verne que concede Xerais pola obra "Ceiba de luz".

Manuel Lourenzo no Cara a cara de PontevedraViva Radio
Manuel Lourenzo no Cara a cara de PontevedraViva Radio

"Nacín coa necesidade de explicarme", dí pero ao tempo é unha afección que compaxina con outras coas que sente igual de reconfortado. Compaxinou esa necesidade e afeccións con outra actividade profesional: a de profesor. Por iso coñece ben como son os adolescentes.

firma que apartando o contexto que toca vivir a cada unha, as formas de ser non cambian entre xeracións, senón que son as condutas ou educación que reciben as que marcan a cada individuo, non á xeración en global.

"Ceiba de luz" mestura os sinais de identidade do seu estilo, isto é: unha novela de aventura aderezada cun inxente traballo de investigación do autor. Tanto no uso de elementos reais como de ficción sente igual de cómodo, afirma. De neno lía libros de aventuras, quizá ese pouso quedou como engrenaxe no momento en que comeza a escribir.

E falando de escribir, a súa linguaxe é o galego, unha circunstancia sobre a que fai unha reflexión de notable interese neste Cara a cara de PontevedraViva Radio.

Fala deste último recoñecemento literario, o Premio Jules Verne de literatura xuvenil que concede Xerais e daqueles que acudiron á súa presentación: "un exercicio de atrevemento e de agarimo" dada a coincidencia de eventos e a desapracible meteoroloxía daquela tarde.