RADIO.- 'Nosotros', un Premio Nadal con nome de bolero e o de Manuel Vilas

Pontevedra
20 de febreiro 2023

O escritor Manuel Vilas suma á súa recoñecida traxectoria como escritor o Premio Nadal de Novela 2023. O recoñecemento máis veterano das letras española. Conversamos en PontevedraViva Radio co autor de 'Nosotros'

Manuel Vilas, Premio Nadal de Novela 2023
Manuel Vilas, Premio Nadal de Novela 2023 / Carlos Ruiz

Irene é unha primeira persoa do singular. Marcelo é unha primeira persoa do singular. E xuntos son primeira persoal do plural, nós, como o bolero. 'Nosotros' é Premio Nadal de Novela 2023 que rubrica Manuel Vilas. Conversamos no podcast 'Cara a cara' co escritor aragonés desta novela, en mans dos lectores desde este mes de febreiro. 

Ese personaxe feminino é o eixo da historia que ofrece Vilas, unha muller libre, "que fai o que lle dá a gana" e que vive con e pola paixón que lle deu o seu matrimonio. O máis perfecto. Ou iso cre. Unha oda ao pracer, ese concepto "que aínda nos asusta" dinos o autor; máxime se quen vive, reclama e necesita ese pracer, é unha muller. Porque 'Nosotros' tamén é unha novela hedonista "no sentido de que o pracer rexe a conduta do ser humano" e por iso, Irene é unha muller revolucionaria aínda, "para ela o amor sen pracer non é nada".

A novela tamén evoca e reivindica o tempo. E como metáfora, os reloxos, todos os que se van sucedendo nas súas páxinas e que a protagonista, ou o propio narrador, conciben como pequenos altares. 'Nosotros', especifica Manuel Vilas, é ademáis unha road movie polo Mediterráneo,  "este mar convértese no misterio do pracer, un paraíso e a orixe da nosa civilización", unha homenaxe por tanto á cultura clásica.

O podcast completo pode escoitarse na ligazón que se adxunta ou igualmente descargalo na web de PontevedraViva Radio.