RADIO.- O CEIP Parada - Campañó estrea a curta 'Atopando o Camiño'

Pontevedra
20 de setembro 2019

O CEIP Parada-Campañó estrea o 26 de setembro no Teatro Principal a súa curtametraxe 'Atopando o Camiño'. Aventuras, misterio e diversión como resultan as Conversas na Ferrería en PontevedraViva Radio

Participantes da curtametraxe 'Atopando o Camiño' en PontevedraViva Radio
Participantes da curtametraxe 'Atopando o Camiño' en PontevedraViva Radio / PontevedraViva

Despois de dous anos de traballo o CEIP de Parada - Campañó vaise de estrea. Farao o vindeiro xoves 26 de setembro no Teatro Principal. Que estrean? a curtametraxe 'Atopando o Camiño', que ocupa esta vez as Conversas na Ferrería. 

Para tal ocasión énchese o estudo de PontevedraViva Radio. Contamos con María Fanjul, profesora do centro e promotora do proxecto; Andrés Castro, crítico de cine, guionista e co-director da curtametraxe; con tres dos alumnos participantes: Marisé Rancaño, Laura Torres e Alejandro Sanmartín; así como tres das colaboracións recibidas: Raquel Queizás, actriz e contacontos, Óscar Ibáñez, gaiteiro; e Enrique Mauricio e Carlos Taboada de Polo Correo do Vento.

Todas estas altruístas colaboracións coinciden en destacar a profesionalidade con que sacaron adiante a iniciativa desde o centro educativo. Pola súa banda, María Fanjul tamén deixa constancia do seu agradecemento "porque todos estiveron aí, involucrándose completamente".

E que nos conta 'Atopando o Camiño'? A aprendizaxe que para un grupo de nenos - coas súas personalidades - supón realizar o Camiño de Santiago. Aventuras, misterio... que se poderán descubrir o 26 de setembro ás oito da tarde.