RADIO.- O produtor musical Víctor Pazos estrea en plataformas 'Sofá tapes vol.1'

Pontevedra
24 de maio 2023

Promociónase en plataformas musicais de streaming como Pazoshimself, alter ego do produtor de sons urbanos Víctor Pazos. Charlamos co mozo pontevedrés en PontevedraViva Radio quen nos presenta o seu novo mixtape

Víctor Pazos, productor de música urbana
Víctor Pazos, productor de música urbana / Mónica Patxot

Víctor Pazos é un mozo pontevedrés. Un produtor musical que se encadra nos sons urbanos. Empezou con quince anos, agora ten 23 anos: "é a música coa que me identifiquei sempre, é a que tamén escoitan os meus amigos e era máis fácil de crear para min".

Este pasado martes presentou nas plataformas musicais de streaming unha mixtape de 'lo-fi hip hop'. Presentóunola no podcast 'Cara a cara'. Titulouna 'Sofá tapes vol.1' porque a súa intención é seguir subindo máis producións periodicamente.

E, que é o 'lo-fi hip hop?, "poderíase identificar cunha música ou sons que podes poñer para estudar e á que por encima póñolle sons de rap e de hip hop", explica. A eses sons engadiulle as voces de mozos e mozas que tamén están inmersos neste xénero musical, cos que colabora e forma parte con MKP.

Estes son os máis próximos, tamén pontevedreses, pero non o únicos xa que colabora con outros colectivos como os mecos DeLaRía Squad e teno feito con outros produtores estranxeiros como o alemán LAPLACE ou o estadounidense Bonnor Bags

A música urbana vai gañando visibilidade e adeptos nesta cidade e a súa contorna, aínda que Pazoshimself, como se fai chamar nas plataformas, deixa unha reclamación colectiva: "un pouco máis de comprensión, que deixen de vernos coma se fósemos maleantes. Só somos rapaces aos que nos gusta a música e contamos o que nos pasa todos os días, pero rapeando". Os seus ingresos tamén veñen da música, traballa desde o ano pasado como dj nun club pontevedrés.

O podcast completo pode escoitarse na ligazón que se adxunta e descargalo na web de PontevedraViva Radio.