RADIO.- Sara Castro leva ao formato de libro electrónico a "Rocío a pinga de auga"

Pontevedra
25 de xuño 2020

A cantante e compositora edita en formato electrónico o primeiro capítulo do conto ilustrado acompañado de cancións. Explica en PontevedraViva Radio o proceso creativo que realizou durante as semanas de confinamento

Sara Castro, autora de 'Todo corazón. Rocío a pinga de auga'
Sara Castro, autora de 'Todo corazón. Rocío a pinga de auga' / PontevedraViva

"Son as cousas pequenas as que fan grande á vida", díxolle a Sara Castro alguén importante na súa vida. Esta viguesa afincada en Pontevedra ten agora un proxecto profesional cunha protagonista moi pequena que fai grande a vida. En realidade a protagonista en cuestión, 'Rocío la gota de agua' y 'Babuxa a  pinga de  auga' nacía en 2017 en forma de conto co que gañou o concurso literario da Fundación  Acuorum.

No Cara a cara explica a evolución en forma e contido que tivo esta pinga de auga para estar xa ao dispor do público en forma de  ebook, de libro electrónico, a través de  Amazon, co título: 'Todo corazón'.  Agora Rocío dispón de ilustracións e de cancións ás que Sara Castro pon composición e voz, acompañada ademais doutros artistas.

Polo momento, está dispoñible o primeiro capítulo de 'Todo corazón' e como conta a súa autora en PontevedraViva Radio, nun mes ou dous, podería estar tamén dispoñible a segunda entrega. Os capítulos transmiten mensaxes de  autodescubrimiento, e aínda que chama ao público infantil non deixa fóra ao adulto. Neste proxecto Sara Castro compaxina dúas facetas que lle gustan desde nena "cantar os contos".

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora