RADIO.- Un novo podcast engádese aos contidos de PontevedraViva Radio: 'Paisaxes progresivas'

Pontevedra
06 de maio 2024

'Paisaxes progresivas' é un podcast sobre o universo da música progresiva cuxo primeiro episodio xa está dispoñible na web de PontevedraViva Radio

'Paisaxes progresivas'
'Paisaxes progresivas'

Xa está dispoñible para escoitar e descargar na web de PontevedraViva Radio o primeiro episodio do podcast 'Paisaxes progresivas'.

É un programa musical que conduce Alberto Pazo e convida a coñecer o universo musical do rock progresivo e os seus estilos afíns. Para Pazo seguir estes capítulos é "unha oportunidade de coñecer e gozar música de verdade, á marxe de circuítos comerciais, modas e tendencias e ignorada por medios".

O primeiro dos episodios está dedicado á banda estadounidense Spock's Beard, "a banda que encumbró a Neal Morse e mostrou ao mundo o talento de músicos excepcionais".

Alberto Pazo Labrador, oriúndo de Santiago de Compostela, é doutor en Xeografía e Historia e catedrático na Facultade de Ciencias da Educación de Pontevedra. Ten unha dilatada experiencia no ámbito radiofónico á fronte de programas desta temática musical. 

'Paisaxes progresivas' amplía así a oferta de contenidos musicais de PontevedraViva Radio, en cuxa web hai programas como 'Apuntes de jazz', 'El club de la esquina', 'Los diez lanzamientos', 'Rumboia' e a radiofusión de 'Ábrete de orellas'.